1ªimaxe de fondo de pantalla mediante o Gimp
Para facer este fondo de pantalla segue os seguintes pasos:
- Creamos unha imaxe nova co tamaño de resolución da nosa pantalla. Por exemplo, 1280x800 pixels.
- Agora imos a Filtros->Renderizado->Nubes->Ruido sólido->turbulento . Con un nivel de detalle 15 e o tamaño dos eixes ao máximo.
- A continuación aplicaremos Filtros->Artístico->Viñeta, con un radio de máscara de 8 e unha porcentaxe de negro de 1,000.
- Para crear as “fibras” que forman a base deste efecto aplicamos Filtros->Desenfoque de movemento no modo Acercamento (Zoom) e a lonxitude a 200. IMPORTANTE: Na ventá deste filtro deshabilita a “vista previa” antes de mover os niveis para evitar que se colgue o ordenador. Pincha en aceptar e espera un intre ata que se cargue por completo a barra verde no fondo da pantalla.
- Para mellorar o resultado repetimos este filtro cos mesmos valores. Para iso pincha en Filtros->Repetir “Desenfoque en movemento”. Volve a esperar ata que remate a aplicación do filtro.
- Como último filtro aplicamos Filtros->Distorsións->Remolinos e aspiración, con un ángulo de remolino de 110, a Cantidade de pellizcos en 0,01 e o radio en 1.
- O resultado de todos estes efectos será unha especie de molinete en branco e negro, que servirá como base para conseguir a imaxe final.
- Agora duplicamos a capa (Capa->Duplicar capa) e volteámola ca opción Capas->Transformar->Voltear horizontal.
- Cambiamos o modo de fusión a “clarear solo”. Para isto imos a ventá de capas e no despregable de modo eliximos “Clarear solo”.
- Unimos todas as capas facendo clic dereito sobre as miniaturas das capas e seleccionando a opción “aplanar imaxe”.
- Para darlle cor a imaxe resultante utilizamos a opción Color->Colorear.
- Para rematar a nosa imaxe tamén podemos cambiar os Niveis, a Luminosidade ou a Saturación.
- Garda a imaxe como Fondo-Escritorio-Gimp.jpg
2ª imaxe de fondo de pantalla mediante o Gimp
Para facer este fondo de pantalla segue os seguintes pasos:
1. Creamos unha imaxe nova co tamaño de resolución da nosa pantalla. Por exemplo, 1280x800 pixels.
2. Agora imos a Filtros->Renderizado->Nubes->Ruido sólido->semilla aleatoria->turbulento- >enlosable. Con un nivel de detalle 15 e o tamaño dos eixes ao máximo.
3. A continuación aplicaremos Filtros->Artístico->Viñeta, con un radio de máscara de 10 e unha porcentaxe de negro de 1,000.
4. Para crear as “fibras” que forman a base deste efecto aplicamos Filtros->Desenfoque de movemento no modo Acercamento (Zoom) e a lonxitude a 200. IMPORTANTE: Na ventá deste filtro deshabilita a “vista previa” antes de mover os niveis para evitar que se colgue o ordenador. Pincha en aceptar e espera un intre ata que se cargue por completo a barra verde no fondo da pantalla.
5. Para mellorar o resultado repetimos este filtro cos mesmos valores. Para iso pincha en Filtros->Repetir “Desenfoque en movemento”. Volve a esperar ata que remate a aplicación do filtro.
6. Aplicamos Filtros->Distorsións->Remolinos e aspiración, con un ángulo de 120,
a Cantidade de pellizcos en 0,01 e o radio en 1.
7. Como último filtro aplicamos Filtros->renderizado->naturaleza->llama e lle damos a aceptar.
8. O resultado de todos estes efectos será unha especie de molinete en branco e negro, que servirá como base para conseguir a imaxe final.
9. Agora duplicamos a capa (Capa->Duplicar capa) e volteámola ca opción Capas->Transformar- >Voltear horizontal.
10. Cambiamos o modo de fusión a “clarear solo”. Para isto imos a ventá de capas e no despregable de modo eliximos “Clarear solo”.
11. Unimos todas as capas facendo clic dereito sobre as miniaturas das capas e seleccionando a opción "aplanar imaxe".
12. Para darlle cor a imaxe resultante utilizamos a opción Color->Colorear.
13. Para rematar a nosa imaxe tamén podemos cambiar os Niveis, a Luminosidade ou a Saturación.
14. Garda a imaxe como Fondo-Escritorio-Gimp.jpg
15. Subimos a calidade ata 100.