miércoles, 28 de marzo de 2012

Creacion dun fondo de pantalla mediante o Gimp

1ªimaxe de fondo de pantalla mediante o Gimp

Para facer este fondo de pantalla segue os seguintes pasos:

  1. Creamos unha imaxe nova co tamaño de resolución da nosa pantalla. Por exemplo, 1280x800 pixels. 
  1. Agora imos a Filtros->Renderizado->Nubes->Ruido sólido->turbulento . Con un nivel de detalle 15 e o tamaño dos eixes ao máximo. 
  1. A continuación aplicaremos Filtros->Artístico->Viñeta, con un radio de máscara de 8 e unha porcentaxe de negro de 1,000.
  1. Para crear as “fibras” que forman a base deste efecto aplicamos Filtros->Desenfoque de movemento no modo Acercamento (Zoom) e a lonxitude a 200. IMPORTANTE: Na ventá deste filtro deshabilita a “vista previa” antes de mover os niveis para evitar que se colgue o ordenador. Pincha en aceptar e espera un intre ata que se cargue por completo a barra verde no fondo da pantalla. 
  1. Para mellorar o resultado repetimos este filtro cos mesmos valores. Para iso pincha en Filtros->Repetir “Desenfoque en movemento”. Volve a esperar ata que remate a aplicación do filtro. 
  1. Como último filtro aplicamos Filtros->Distorsións->Remolinos e aspiración, con un ángulo de remolino de 110, a Cantidade de pellizcos en 0,01 e o radio en 1. 
  1. O resultado de todos estes efectos será unha especie de molinete en branco e negro, que servirá como base para conseguir a imaxe final. 
  1. Agora duplicamos a capa (Capa->Duplicar capa) e volteámola ca opción Capas->Transformar->Voltear horizontal. 
  1. Cambiamos o modo de fusión a “clarear solo”. Para isto imos a ventá de capas e no despregable de modo eliximos “Clarear solo”. 
  1. Unimos todas as capas facendo clic dereito sobre as miniaturas das capas e seleccionando a opción “aplanar imaxe”. 
  1. Para darlle cor a imaxe resultante utilizamos a opción Color->Colorear. 
  1. Para rematar a nosa imaxe tamén podemos cambiar os Niveis, a Luminosidade ou a Saturación. 
  1. Garda a imaxe como Fondo-Escritorio-Gimp.jpg
  14.   Subimos a calidade ata 100.


2ª imaxe de fondo de pantalla mediante o Gimp

Para facer este fondo de pantalla segue os seguintes pasos:

1.   Creamos unha imaxe nova co tamaño de resolución da nosa pantalla. Por exemplo, 1280x800 pixels. 

2.   Agora imos a Filtros->Renderizado->Nubes->Ruido sólido->semilla aleatoria->turbulento-  >enlosable. Con un nivel de detalle 15 e o tamaño dos eixes ao máximo. 

3.   A continuación aplicaremos Filtros->Artístico->Viñeta, con un radio de máscara de 10 e unha porcentaxe de negro de 1,000.

4.   Para crear as “fibras” que forman a base deste efecto aplicamos Filtros->Desenfoque de movemento no modo Acercamento (Zoom) e a lonxitude a 200. IMPORTANTE: Na ventá deste filtro deshabilita a “vista previa” antes de mover os niveis para evitar que se colgue o ordenador. Pincha en aceptar e espera un intre ata que se cargue por completo a barra verde no fondo da pantalla. 

5.   Para mellorar o resultado repetimos este filtro cos mesmos valores. Para iso pincha en Filtros->Repetir “Desenfoque en movemento”. Volve a esperar ata que remate a aplicación do filtro. 

6.   Aplicamos Filtros->Distorsións->Remolinos e aspiración, con un ángulo de 120,
 a Cantidade de pellizcos en 0,01 e o radio en 1.

7.   Como último filtro aplicamos Filtros->renderizado->naturaleza->llama e lle damos a aceptar.

8.   O resultado de todos estes efectos será unha especie de molinete en branco e negro, que servirá como base para conseguir a imaxe final. 

9.   Agora duplicamos a capa (Capa->Duplicar capa) e volteámola ca opción Capas->Transformar-       >Voltear horizontal.

10.   Cambiamos o modo de fusión a “clarear solo”. Para isto imos a ventá de capas e no despregable de modo eliximos “Clarear solo”. 

11.   Unimos todas as capas facendo clic dereito sobre as miniaturas das capas e seleccionando a  opción  "aplanar imaxe".

12.   Para darlle cor a imaxe resultante utilizamos a opción Color->Colorear. 

13.   Para rematar a nosa imaxe tamén podemos cambiar os Niveis, a Luminosidade ou a Saturación.

14.   Garda a imaxe como Fondo-Escritorio-Gimp.jpg

15.   Subimos a calidade ata 100.

No hay comentarios:

Publicar un comentario